OBXECTIVO XERAL: Preservar e activar a Cultura Marítima de Galicia

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

OX.1

CONSERVAR E PROMOVER A CULTURA MARÍTIMA
nos seus diversos ámbitos e como eixe de cohesión social

OX.2

CONSTRUÍR UN SISTEMA GALEGO EN PROL DA CULTURA MARÍTIMA
mediante a converxencia de institucións, recursos e axentes

OX.3

POTENCIAR O DESENVOLVEMENTO DO SECTOR PRODUTIVO
das empresas tradicionais do mar como xeradoras de cultura

OX.4

ESTENDER O COÑECEMENTO DA CULTURA MARÍTIMA DE GALICIA
nos ámbitos nacional e internacional

No litoral galego desenvolvéronse actividades, oficios e modos de vida ligados ao mar, condicionados desde o principio polas particularidades xeográficas e climatolóxicas do seu emprazamento, que deron lugar a unha “cultura” característica.

O Plan pretende analizar desde unha perspectiva científico–didáctica as conexións e as transferencias destas comunidades litorais e o seu patrimonio, que creceron mantendo en equilibrio o ecosistema tradicional costeiro. Un instrumento capaz de favorecer a xestión integral, a posta en valor e a activación da cultura marítima.

A totalidade das manifestacións culturais (construcións, obxectos e creacións inmateriais) é o que se considera como un sistema ou conxunto de gran valor histórico e patrimonial a preservar no que avanzar cara ao futuro. Un patrimonio ligado ao mar, que explica a transformación do territorio e do modo de vida da xente do mar, da súa construción social e cultural ao longo do tempo, así como a evolución dos seus oficios e técnicas.