Casetas de pescadores na Gándara

Nº Inventario PCUMA:

C38.015

Tipoloxía:

Casetas de pescadores

Edificación:

Casetas de pescadores na Gándara

Ubicación:

A Gándara de Caldebarcos, San Mamede de Carnota, Carnota

Localización:

42°50’53.5″N 9°07’32.0″W

Zona:

Seo de Fisterra: Ría de Muros – Noia:Costa Sostible

Descrición:

As casetas dos pescadores do concello de Carnota esténdense por toda a costa, desde Lira até Quilmas. Son un conxunto de alto interese etnográfico limitado polo macizo granítico do Monte Pindo ao norte e as marismas de Caldebarcos ao leste. É unha zona que pertence ao L.I.C Carnota – Monte Pindo e á Rede Natura 2000. Tamén é unha Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).